18.6.13
16.6.13
Menos samba e máis traballar I
Nota: Se alguén sabe como facelo dende o mac, que mo diga... que eu teño que andar fuchicando co "Visor de caracteres".
· Maleta grande feita, aunque non estou moi seguro de si me pasaría co peso. Cortesía de fer Amador.
· Mochila para levar tódolos trebellos (mac, ipad, iphone, cables para conectarme a outro monitor, cargadores...), feita. Cortesía de Gel.
· Billetes impresos.
· Pasaporte do trinque.
· Condóns da sorte, caducados. Teño que revisar este ponto.
1) O proxecto. Isto por suposto é o máis importante. Dependemos moita xente. Demasiada
2) Que chegado aló, o proxecto ma traia frouxa e me adique a beber caipirinhas coma un Albano-Kosovar.
3) Que o 'problema' do meu golpe que din no cú faga que as pase putas na viaxe e que iso provoque que non poida dormir, ergo: chapa de Maikel Night cunha excel.
4) Que volva cun herpes, gonorrea ou a saber. Deste ponto non puiden informarme coma desexaba con Astraco para que me explique estes rollos. Si isto ocorre queda claro que descartei o ponto 1) e adiqueime ao 2).
13.10.11
Feira do libro - Limiar
12.10.11
Feira do libro - Portada

22.4.11
A música das imaxes, imaxes para un músico
Eiquí estou de novo. Pasaron xa un cantos meses dende a última entrada e, curiosamente, algo relacionada coa entrada de hoxe: con carteis. No meu corcho imaxinario saen algún dos carteis que expondrei o vindeiro mes de maio na Oficina de información do parque de San Francisco. Un fato de carteis para lembrar algún concerto, algunha conversa, alguna anécdota, algunha viaxe, algunha resaca... ao Míster.Asi que pasen cinco anos foi o artigo de Hernán no libro editado por Amadores, ala polo 97, co gallo do quinto cabodeano da Banda. Un artigo cheo de puñais ben afiados e tamén de auto-censura. Un artigo, que a fin de contas, contiña máis desexos que puñais. Verdades coma puños. É un artigo que remataba con desexos compartidos: desexaba seguir colaborando co meu primo Eli, seguir bebendo e falando con Coté, montar unha ópera con Lalo e dar a volta ao mundo con Eva incluída. Desexaba tamén grabar un disco e iso si que o conseguimos. Conseguíronse moitas cousas, non vos pensedes. Asi que pasen (outros) cinco anos.
Non pasaron cinco, pasaron dez. O dezasete de maio vanse cumprir dez anos do pasamento de Hernán Naval. E como a verdadeira morte é o olvido, eu non o olvido. Tampouco quero que o olviden o resto dos meus compañeiros. Mirar cara atrás tampouco está mal (sempre que se vaia cara adiante) e o Míster ben o merece. Aunque sexa sinxelamente polo apoio que recibimos del miñá irmá pequena e eu. En fin, render unha homenaxe á figura de Hernán no seu décimo cabodano. Diso vai a exposición.
Non vou decir que Hernán foi o meu mentor nisto dos garabatos e debuxiños varios; el animábame, sempre. Máis ben serían Suso Peña, Pepe de Mon ou xa máis tarde, Salvatore. Pero traballar con Hernán (nunca traballei para el, sempre con el) era doado. Doado e divertido. El era divertido, intelixente, competente e de calidade. El non quería un cartel, quería algo máis; nunca lle preguntei si o acadara algunha vez. Gostábame traballar preto del. Tal foi, que durante unha boan tempada levárame o ordenador e os meus lapiceiros a unha pequena aula onde tamén se gardaba o piano da Contrabanda. Traballar dentro da Casa do mar axudábame a manter a perspectiva, o humor, a calidade, o amor e a intelixencia que o Míster precisaba. Satisfacerlle, satisfacerlles e satisfacerme.
Son chenchu e estades convidados á exposición que poderá verse entre os días 13 e 22 de maio de 2011 na antiga Oficina de Turismo, no Parque de San Francisco. A música das imaxes, imaxes para un músico conta coa colaboración da Asociación Amadores da Música.
Así están as miñas cousas e así as vou contando. Saúde e pátria.
28.11.10
Os carteis do meu corcho
13.9.10
As monxas prantaron un pino
Ando de vacacións e claro, tiña que actualizar o blog. A verdade é que agora paso máis tempo no FaceBook e no Twitter. Moito máis tempo. É máis cómodo o estilo de micro-blog que poñerte a escribir unha parrafada do meu estilo… e iso que ultimamente estou a debuxar un pouco máis do normal e podería ter actualizado isto con moitas máis entradas, pero é o que hai.
O título? Ah, si… o título. Boeno, as monxas, como todo o mundo sabe, tamén prantan pinos. Pero eiquí vou falar das miñas veciñas. As monxas que viven enclaustradas no convento de Santa Clara de Ribadeo. A min esta congregación sempre me fixo moita gracia; están sempre pechadas pero son as máis cotillas de todo o pobo. As imaxino a iso das 4 da tarde rezando o que teñan que rezar (por ti, por min e por tódolos comapñeiros…) e que unha delas rompa o silencio decindo: eeeeh, que vai empezar Sálvame Deluxe. Brrrr e aló van todas correndo ao sofá.
Pero boeno, ao allo. Este post tamén o podería titular: Mamá vs. Monxas, ou A pinona contraataca, ou Un pino chamado Wanda, … A historia comezou, como diría Gilberto Suárez: fai pouco tempo, como uns dez anos atrás; cando as monxas de Santa Clara prantaron un pino ao carón da nosa casa. Coma tódolos pinos, este creceu, e agora mide o mesmo ca nosa casa (uns 4 andares). Está prantado como a uns tres metros do muro que separa a nosa finca da das monxas e a parte máis frondosa queda xusto diante da nosa terraza e é onde temos a antena da TV. E é eiquí onde xurde o problema da miña nai coas monxas: Na tele agora vense as canles estatais (a 1ª, 2ª, ClanTv e Noticias 24h) e tamén Veo7 e Intereconomía… en fins, que para unha espectadora coa miña nai iso é nada. O que non acabo de entender é como agora coa TDT segue a ocorrer isto. Non debería ser terrestre?
Miña nai anda máis mosca ca dios e dime que o pino en cuestión quítalle mogollón de vista e que non pode ver a tele. Que me paga 100€ se salto o muro e talo o probe do pino. Pero eu estoulle collendo cariño ao pino de marras. Non sei se encadearme a el e todo. Case sempre os temas de conversa na comida eran as miñas resacas ou o pouco que ligo, pero agora non falamos doutra cousa que do santo pino. Pero por fin miña nai moveuse e atopou un par de artigos que danlle a razón e vailles obrigar as monxas a talar a árbore. E penso eu: non sería millor podalo un pouco para ter nós millor vista e que as monxiñas sigan a ier a súa intimidade e cambiar a antena de sitio?
Así están as cousas e as as fun escribindo namentres prantaba un pino dende o cuarto de baño.
